🌍 O Proxecto Pinea segue o seu percorrido
🌱
Tivemos a incrible oportunidade de realizar a primeira actividade do noso proxecto interxeracional sobre medio ambiente en diferentes centros, creando conexións entre xeracións e compartindo a importancia do coidado do noso planeta.
📍 Durante estas semanas, visitamos:
IES Lamas do Castelo e a residencia Casa do Maior Aquelar
CEIP de Outes
IES Poeta Añón
Centro de día de Muros
Centro de día de Outes
CEIP Plurilingue de Carnota
CEIP Ramón Artaza
Residencia Terramar
IES As Insuas
En cada lugar, emocionounos ver como novos e maiores se uniron para reflexionar sobre o medio ambiente e o seu futuro. Grazas a cada unha das persoas, por recibirnos con tanto entusiasmo.
Agradecer a dispoñibilidade dos distintos centros, para poder facer uso das súas instalacións.