A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) conta cunha subvención de 2.000.000 de euros, concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, destinada ao desenvolvemento do proxecto de construción dunha residencia para persoas con discapacidade no Concello de Outes.
Esta actuación enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, e conta coa colaboración do Concello de Outes.
O proxecto ten como obxectivo a creación dun novo recurso residencial que permita ampliar e reforzar os servizos de atención e apoio ás persoas con discapacidade, promovendo unha atención integral, a autonomía persoal e a mellora da súa calidade de vida.