ADISBISMUR desenvolveu, entre os meses de xuño e outubro de 2026, o programa «Ocio Rural Inclusivo», no marco da convocatoria do Plan de Prioridades da Fundación ONCE 2026, a través de COCEMFE e COGAMI, contando cun financiamento de 5.000 euros.
Esta iniciativa, na que participaron un total de 54 persoas con discapacidade, tivo como principal finalidade achegar os recursos e as oportunidades de lecer e tempo libre ás persoas con discapacidade residentes nas diferentes aldeas da nosa contorna rural, favorecendo a súa inclusión social e participación na comunidade.
A través do desenvolvemento de diferentes actividades e experiencias de lecer, o programa procurou reducir as barreiras que dificultan o acceso a estes recursos no ámbito rural, ao tempo que fomentou a convivencia, as relacións interpersoais, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades.
Con esta iniciativa, ADISBISMUR reafirma o seu compromiso coa promoción dun lecer accesible e inclusivo, entendido como un dereito fundamental e unha ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, independentemente do seu lugar de residencia.
Desde ADISBISMUR agradecemos á Fundación ONCE, COCEMFE e COGAMI o seu apoio, que nos permite continuar impulsando iniciativas a prol da inclusión social e da participación activa das persoas con discapacidade no ámbito rural.