ADISBISMUR desenvolve o Servizo de Respiro Familiar co apoio da Deputación da Coruña
ADISBISMUR continúa desenvolvendo o seu Servizo de Respiro Familiar, unha iniciativa destinada a ofrecer apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias, favorecendo a conciliación da vida persoal e familiar e proporcionando períodos de descanso ás persoas coidadoras.
A través deste servizo, promóvese a autonomía persoal, a convivencia e a participación social das persoas con discapacidade, facilitando o acceso a actividades de lecer e experiencias adaptadas ás súas necesidades e intereses.
O programa conta cunha subvención de 12.221,16 € concedida pola Deputación Provincial da Coruña, cuxa colaboración contribúe ao mantemento deste recurso e á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias.