🌱 Actividade 11: Avaliación Final e Peche do Proxecto PINEA 💬
👏Poñemos o broche final a esta marabillosa aventura educativa, cunha xornada especial en cada un dos centros participantes, centrada na avaliación, reflexión e celebración compartida.
📝 Cubrimos un cuestionario individual para recoller as experiencias máis destacadas e os coñecementos adquiridos ao longo do proxecto.
🗣️ Compartimos reflexións en grupo, falando do papel de cada persoa na sostibilidade e de como mudou a nosa mirada sobre o medio ambiente.
🔚 No acto simbólico de peche, repasamos o camiño percorrido, recompilamos ideas e propostas para seguir mellorando.
💚 Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a cada centro educativo, a cada centro de maiores, a cada neno e nena, a cada persoa adulta e maior que achegou o seu gran de area, que participou con ilusión e fixo deste proxecto tamén o seu. Grazas pola vosa entrega, polas vosas ideas e polo entusiasmo compartido, que fixeron de PINEA unha experiencia inesquecible.
🌟 Cremos fondamente nas novas xeracións da nosa contorna e no ben que farán no futuro, porque xa o están demostrando
.
💚 PINEA remata, pero a semente que plantamos segue a medrar.
#Creadopor @moira.creativa
@marxunta
@galpcostasostible
.jpeg)

Resumo do Proxecto PINEA – Educación e Conciencia Ambiental 🌱
✨ Este vídeo recolle os momentos máis destacados do Proxecto PINEA, unha iniciativa de educación interxeracional para fomentar a conciencia ambiental e o coidado do noso entorno.
Ao longo de varias actividades traballamos temas como:
A economía circular e a redución de plásticos
🌊 O impacto da contaminación mariña e terrestre
O reciclaxe, o consumo responsable e a sostibilidade
A reflexión colectiva sobre o papel de cada un no futuro do planeta Un proxecto cheo de aprendizaxe, experiencias compartidas e moita ilusión, que uneu xeracións para sementar un cambio real e duradeiro.
💚 Grazas a todos os centros educativos e de maiores que participaron e fixeron posible esta aventura. Se ti tamén cres nun futuro máis sostible, compárteo e súmate ao cambio!
Para acceder ao video pincha no seguinte ligazón: