Tenda

BLOG

Festival Outes

😏 Perdoade a espera… pero xa chegou o momento

😏

Este domingo celebramos o último Festival ADISBISMUR deste ano.


Si, si… o terceiro e final, e rematamos en Outes, como ben merece

💥

Outes é deses lugares onde sempre se nos trata ben,
un lugar especial onde os haxa,
dos que deixan ganas de volver cada vez que imos.

⚠️ Iso si… xa o sabedes: en Outes custa atopar sitio

😂
Así que ide con tempo, a unha hora prudente, que logo non queremos carreiras.

🎭

🎶 Teatro, música e humor
Unha tarde para pasalo ben, rir sen complexos e deixarse sorprender polo
talento dos nosos usuarios e usuarias, que sempre dan moito que falar.

📍 Casa da Cultura de Outes

🗓 Domingo, 18 de xaneiro

⏰ 17:00 h


💶 Donativo: 5 €

🎁 Con esa entrada participas nun sorteo que terá lugar durante o festival.
Se che apetece un domingo distinto,
se buscas risas aseguradas
e se queres saír pensando “non esperaba isto”…
👉 este é o teu plan.

🙏 Queremos agradecer a colaboración do
@concello_outes, @eroskioficial, @gadis.supermercados H. Peña Cárnicas e @osjaitasblue

E ollo… 👀
Rematamos os festivais si…
pero xa estamos traballando en cousiñas para o próximo mes...


Xa nos coñecedes:
cando estamos calados/as… algo estamos tramando 😉

Vémonos en Outes ❤️‍🔥