Tenda

BLOG

🌂✨ 170 MOTIVOS PARA SEGUIR LOITANDO POLA X SOLIDARIA! ✨🌂

Muros tinguiuse de solidariedade. Máis de 170 persoas se uniron baixo os seus paraugas, para formar unha gran X Solidaria, simbolizando o apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade. 

Un xesto sinxelo, pero cheo de forza e compromiso. 💙 

Esta concentración non só foi un acto simbólico, senón tamén unha chamada á acción. Cada X que marcas na túa declaración da renda tradúcese en proxectos que cambian vidas. Porque cando sumamos esforzos, conseguimos unha sociedade máis xusta e inclusiva. 🔹 Grazas por sumarse a esta iniciativa, ao alumnado e profesorado do: IES As Insuas, CEIP Ramón Artaza y Malvárez e ao IES Fontexería. 

🔹 Grazas a alcaldesa e ao equipo de goberno por darlle voz ao manifesto xunto á nosa directora.

🔹 Grazas a todas e todos os que, con algo tan sinxelo como abrir un paraugas, demostrastes que a solidariedade é máis forte ca calquera tempestade. 

 

Non che custa nada, pero cambia moito. Marca a X Solidaria e fai que este círculo de apoio siga medrando! 🙌

💪 #chámallex

@concello_muros 

@iesasinsuas 

@iesfonteria

@ramonartazaymalvarez