O día 22 de Febreiro participamos como cada ano no Enterro da Sardiña organizado polo concello de Outes, cunha ilusión nova, sair polas rúas a ensinar o noso traballo. Despois de facer moreas de propostas e ideas, decidimos ir de piratas. Un total de 70 persoas defendendo a nosa comparsa:" Surcando Adisbismur" .Disfrutamos coma nenos/as pequenos en todo momento, cheos de ilusión e ganas.
A nosa idea parece que gustou pois fomos galardonados co primeiro premio.
Non se trata do valor económico, que agradecemos, senón do valor persoal que para cada un de nós ten. Cada monitor/a e usuario/a esforzouse durante uns longos meses, pintando, cosendo a man e pegando; e sobre todo dandolle un segundo uso ao material, totalmente reciclado.
Valeu a pena toda a dedicación, esfozo e traballo, por ver as caras das persoas coas que convivimos día a día. Saimos a rúa a difundir a nosa labor, traballar por ver aos nosos usuarios/as disfrutando, sorrindo e bailando, mellorando o seu benestar, na medida das nosas posibilidades.
Un pracer, vemonos en próximas edicións.