Tenda

Blog

Curso de Soporte Vital Básico e Desfibrilación Externa Semiautomática

Adisbismur adquiriu un Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA), cuxa función principal é salvar vidas, restaurando o ritmo cardíaco dunha persoa que acaba de sufrir unha parada cardiorrespiratoria.

O noso obxectivo é poder aumentar os sistemas de atención sanitaria adaptándonos aos avances tecnolóxicos, e neste caso poder revertir a fibrilación ventricular dunha persoa en caso de que se produzca unha situación de emerxencia deste tipo.

O DESA permite restablecer o ritmo normal do corazón por medio da administración dunha descarga eléctrica no tórax.

Por todo isto, o luns 13 e martes 14 o equipo de traballo de Adisbismur formámonos nun curso de soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática, implantado pola A.S.C. BOMBEIROS DE GALICIA.

Desta maneira, adquirimos a certificación individual que nos permite facer uso deste aparello.