Proxecto “Respiro Familiar: Ocio e Tempo Libre” – Subvención FOAXE-P 2025
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 86, de data 8 de maio de 2025, publicouse a resolución pola que se aproba a concesión das subvencións correspondentes ao programa FOAXE-P: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2025, promovido pola Deputación da Coruña.
Ao abeiro desta convocatoria, ADISBISMUR resultou beneficiaria dunha subvención por importe de 11.681,56 € destinada á realización do proxecto “Respiro Familiar: Ocio e Tempo Libre”, que se desenvolve durante o período comprendido entre xaneiro e decembro de 2025.
Esta axuda económica ten por finalidade contribuír ao mantemento e desenvolvemento das actividades do proxecto, enmarcado na liña de actuacións destinadas a apoiar programas de interese social e servizos dirixidos á poboación con discapacidade e ás súas familias no ámbito dos servizos sociais comunitarios.
A subvención foi concedida ao abeiro das bases reguladoras do programa FOAXE-P 2025, co obxecto de garantir a continuidade de proxectos sociais de carácter estable e sen ánimo de lucro, que contribúan ao fortalecemento da atención social e á mellora da calidade de vida das persoas usuarias.
📄 A resolución completa pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 86, do 8 de maio de 2025.
.png)