A Deputación de A Coruña, concedeulle a Adisbismur, neste ano 2022, a cantidade de 22.800 euros para a realización dun proxecto de rehabilitación integral. Por medio do cal se están prestando os servizos de Logopedia, Fisioterapia, Terapia Ocupacional e Educación Social, a 46 persoas con discapacidade.
Esta subvención entra dentro da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de Lucro para o mantemento de Programas e Servizos en materia de Servizos Sociais no ano 2022.
Dentro da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de Servizos Sociais no ano 2022 a Deputación tamén nos concedeu unha subvención de 9217, 50 euros para a adquisición dunha Impresora 3D con escáner; destinada á realización de diferentes produtos de apoio a nivel individual e tamén para as aulas, servizos e talleres.