Tenda

BLOG

Convocatoria de Proxectos sociais- Proxecto

A Fundación "la Caixa" na súa convocatoria Galicia 2023, orientada a colaborar con organizacións sen ánimo de lucro que desenvolven os seus proxectos en Galicia, busca impulsar proxectos dirixidos especialmente a persoas en situación de vulnerabilidade social, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e promover a igualdade de oportunidades.

No marco desta convocatoria, a Fundación "la Caixa" apoiou o proxecto "Actividades de Ocio e Respiro Familiar", presentado por ADISBISMUR, cunha achega de 30.000 €. Este importe foi destinado íntegramente a dito proxecto, cuxa implementación tivo lugar ao longo dun ano, desde outubro de 2023 ata a súa finalización en outubro de 2024.

A convocatoria Galicia 2023 reafirma o compromiso da Fundación "la Caixa" de colaborar con entidades sociais que traballan en Galicia para mellorar o benestar de colectivos vulnerables e fomentar unha sociedade máis inclusiva e equitativa.