Tenda

BLOG

Arranxo da fachada exterior do Centro Ocupacional de Valadares-Outes

A Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR ) creouse  en xuño do ano 1982 co fin de traballar pola integración das persoas con discapacidade da comarca, que non tiñan acceso a ningún tipo de formación nin ocupación laboral e dende entón está promovendo e impulsando accións destinadas a  integración deste colectivo.

A misión de Adisbismur é mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias, ofrecendo programas e actividades destinadas a desenrolar as súas capacidades e a favorecer a súa plena inclusión e participación social.

O Centro de Valadares da servizo a 52 persoas , que acoden diariamente as súas instalacións para recibir unha formación académica, laboral  e de desenvolvemento persoal

No Centro realízanse as seguintes actividades:

Alfabetización,Informática, habilidades básicas e instrumentais da vida diaria,,talleres ocupacionais de cestería, cerámica e viveirismo, taller de teatro, de manualidades,  club de lectura, actividades de musicoterapia, bailoterapia e ximnasia preventiva, natación terapéutica, e dispoñemos dos servizos de terapia ocupacional, fisioterapia, logopedia, educación social e atención psicolóxica. O Centro dispón do servizo de cocíña e comedor

Coas diferentes actividades que realizamos perseguimos os seguintes obxectivos:

1.- Persoal : que repercute directamente na persoa, mellorando as súas condicións físicas, psíquicas e cognitivas.

2.- Familiar: que repercute na convivencia diaria coa súa familia e polo tanto na situación familiar no seu conxunto.

3.- Social: tratando de promover a integración das persoas no seu entorno, xa que esta integración no so repercute na persoa con discapacidade e na súa familia, senón que é útil para a sociedade no seu conxunto.

ADISBISMUR,  esta realizando o arranxo de todas as fachadas do Centro Ocupacional de Valadares, para evitar as filtracións  de humidades polas paredes exteriores do Centro e a perda de calor provocada pola falta de illamento.

Este proxecto  xestionado por COGAMI é posible co cofinanciamento da Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Xuventude) a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda.