Cambio de fiestras e portas no Centro Ocupacional de Valadares
Actuación financiada polo Programa FOIE 2025 da Deputación da Coruña
En ADISBISMUR realizamos uns cambios moi necesarios nas instalacións do Centro Ocupacional de Valadares, consistentes na substitución de 34 ventás e 11 portas de PVC, co obxectivo de reducir o consumo de gasóleo da calefacción e mellorar o illamento térmico do edificio.
Esta actuación foi posible grazas á subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña, dentro do Programa FOIE 2025 – Convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en servizos sociais.
Importe da subvención: 24.070,00 €
Expediente nº: 2024000049133
Orzamento total do proxecto: 36.993,98 €
Con estas melloras, seguimos traballando por un centro máis eficiente, cómodo e sostible para todas as persoas usuarias.
Deputación da Coruña
.png)