Tenda

Servizos

Taller de Viveirismo

Os obxetivos específicos son varios:

  • Na formación ocupacional traballamos técnicas e practicas de viveiro:
    • Contribuír á formación dos coñecementos para, realizar os traballos do viveiro.
    • Identificar e a clasificar as distintas especies de plantas do viveiro.
    • Fomentar o aprendizaxe da utilización e coidado das  ferramentas do taller.
    • Concienciar e motivar ó usuario no respecto o medio ambiente e ó entorno.
  • En relación cos hábitos de traballo :
    • Contribuír á adquisición de hábitos de traballo (horario, orde, responsabilidade, etc.)
    • Potenciar a toma de decisións.
    • Continuidade nas tarefas asegurando a calidade e a produtividade do traballo.
  • No ámbito das habilidades sociais e relacións interpersoais :
    • Fomentar o traballo en equipo e a colaboración entre compañeiros.
    • Favorecer a autoestima e estimular a creatividade e a motivación.

Traballos que se realizan

Para acadar estes obxectivos, o centro conta cun taller de vivieirismo e invernaderos adaptado as necesidades dos usuarios/as e monitores/as.

  • No taller trabállase a mestura de substratos e abono orgánico.
  • ensinándolle ó usuario a coller as medidas axeitadas para realizar a mestura correctamente.
  • Con mestura realizada, pódese despois levar a cabo o transplante e plantado das diferentes especies do viveiro.
  • Pequena produción para a obtención de especies autóctonas e planta ornamental. Esta pequena produción realizase a través da, multiplicación por esqueje, e serve para que o viveiro teña unha produción constante de planta, que despois se utilizara para diferentes actividades.
  • Nos distintos invernadoiros dáselle ás plantas o coidado axeitado para contribuír ó seu crecemento, deste xeito ó usuario pode identificar as especies que hai no viveiro.
  • Fanse saídas con pequenos equipos de traballo para apañar sementes autóctonas da zona, as cales serven despois, para que se recoñeza a planta correspondente á semente.
  • Dous días a semana realízanse saídas os invernadoiros de Carnota nos cales se fai un mantemento das distintas especies que alí se atopan, con estas saídas o que se intenta é que o usuario adquira un hábito de traballo e responsabilidade. Con esta iniciativa tamén se fomenta a colaboración e o traballo en equipo.
  • Dous dos catro invernadoiros que existen  están destinados ao cultivo ecolóxico de hortalizas (tomates, pementos, cenorias, berenxenas, etc.) as cales se utilizan para o consumo no propio Centro de Recursos.
  • As ferramentas que se utilizan son as básicas de xardinería (carretilla, diferentes tipos de palas, tesoiras, rastrillo, sacho, etc.) dependendo da habilidade e destreza que o usuario acade utilizara ferramentas de máis ou menos dificultade.

Solicita información

Encha o formulario e en breve contactaremos contigo para ofrecerche máis información.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Diferentes xeitos de participar en actividades da asociación