Tenda

Servizos

OUTRAS ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN NO CENTRO

TALLER DE TEATRO

OBXECTIVO XERAL:

Estimular a imaxinación e a creatividade, desenrolando a intelixencia para permitir á persoa unha maior autonomía, facilitándolle as relacións  interpersoais e a integración social.

OS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS FUNDAMENTAIS SON:

Exercitar a memoria.

Potenciar a imaxinación e a creatividade.

Estimular a capacidade expresiva verbal e corporal.

Fomentar as habilidades de carácter sociais e interpersoais (traballar en grupo, relacionarse cos/as compañeiros/as,  entrar en colaboración con  outras asociacións, grupos etc.)

Buscar o afán de superación comprometéndose cos obxectivos fixados e co grupo de traballo do taller.

CONCLUSIÓN

A importancia do taller de teatro reflexase a través dos usuario/a, que lles resulta máis fácil aprender a desinhibirse, expresarse libremente e con espontaneidade, cultivando para beneficio do usuario/a aspectos importantes da persoa como o compañeirismo , a participación e o compromiso co grupo de traballo.

O taller de teatro axúdalles os/as usuarios/as a desenvolverse dunha maneira máis doada coas relacións interpersoais, sendo este un recurso para un mellor desenrolo persoal.

TALLER DE  MANUALIDADES

A actividade de manualidades realizase no Centro de Valadares os venres de 10:00  a 12:00 horas, con 40 usuarios/as.

OBXETIVO XERAL:

Desenrolo de habilidades manuais e psicomotoras especificas

OBXETIVOS ESPECIFICOS:

-Desenrolar a creatividade e estimular a imaxinación para potenciar a auto expresión.

-Traballar actividades artísticas que favorezan a mobilidade dos dedos con diferentes materiais e en distintos ámbitos (mural, obxectos, papel, ….)

-Diferenciación das cores: recoñecemento e distintas combinacións.

-Traballo de cooperación e interacción facendo as actividades en grupo.

-Desenrolo da psicomotricidade e a expresión corporal.

-Fomentar a expresividade e espontaneidade dos usuarios/as.

-Proporcionar sempre novas habilidades.

As actividades están adaptadas a cada persoa, tendo un carácter individualizado a mesma vez que grupal . Propiciase un ambiente lúdico onde poder compartir experiencias motivadores e gratificantes

TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA

As sesións de animación á lectura desenvolvese cada 15 dias. Os obxectivos desta actividade son fundamentalmente os seguintes:

- Fomentar o gusto pola lectura.

- Mellorar a pronuncia e a entoación.

- Expresarse mellor e enriquecer o vocabulario.

- Revisar e adquirir coñecementos a través dos libros.

- Estimular a curiosidade, a imaxinación e a creatividade.

- Potenciar os valores propios e sociais.

A secuencia didáctica e os procedementos durante a sesión de animación seguen unha pauta fixa, de maneira que os participantes, unha vez afeitos, saben, con antelación, o que se espera deles, é dicir, cal e como vai ser a súa participación activa, captando e mantendo así a súa atención o maior tempo posible.

TALLER DE MUSICOTERAPIA

O obxectivo principal dista actividade e adquirir destrezas a través da expresión co fin de aumentar a calidade de vida do usuario, sempre en función das súas necesidades.

OS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS SON:

- Manter e mellorar a participación activa dos/as usuarios/as a través da música.

- Traballar a integración cognitiva e compoñentes coma a atención, memoria, orientación espacio-temporal, nivel de alerta, etc.

- Traballar sobre os componentes sensoriomotores como a integración sensorial, o componente neuromuscular (reflexo, forza, control postural, etc) e o motor (coordinación motora grosa e fina, lateralidade, praxias, etc)

- Desenrolar á actividade co fin de que adquiran coñecementos que poidan ser usados nas actividades da vida diaria.

- Promover habilidades sociais e comunicación interpersoal: participar en grupos musicais e cooperar cos demais, o cal implica habilidades sociais tales como esperar turnos, seguir instruccións, buscar estratexias para resolver dificultades, etc.

- Expresar e desenrolar emocións sensoriais que amplíen o campo de experiencias sensitivas.

Deportes e ximnasia de mantemento

En xeral todos os/as usuarios/as teñen necesidade de facer exercicio físico, ben para reducir o sobrepeso, ou mellorar as súas condicións físicas e deste xeito mellorar a súa calidade de vida.

Natación

Esta demostrado os beneficios para a saúde que produce esta actividade. Que se realiza na psicina municipal de Outes tres días a semana

ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE

Realizanse durante todo o ano , especialmente na época estival.

SERVIZO DE COCIÑA E COMEDOR, TRANSPORTE ADAPTADO, ESCOLA DE FAMILIAS, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO, ETC...


Solicita información

Encha o formulario e en breve contactaremos contigo para ofrecerche máis información.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Diferentes xeitos de participar en actividades da asociación