Tenda

Servizos

Actividades da vida diaria (AVD´S)

AFEITADO:

Preténdese que as persoas usuarias sexan capaces de afeitarse de forma autónoma.

MANEXO DE EUROS, DE RELOXO E ATADO DE CORDONS:

O obxectivo destas actividades é conseguir unha maior independencia persoal.

Para levar a cabo prácticas sobre o manexo do euro contamos coa actividade de compra no supermercado.

LIMPEZA:

A finalidade céntrase en acadar unha maior autonomía nas tarefas.

COMEDOR:

O obxectivo desta actividade é adquirir suficiente destreza nesta actividade, que as persoas usuarias aprendan a colocar os pratos,cubertos, vasos... no lugar correspondente, para posteriormente aplicar os coñecementos adquiridos nos seus fogares.

 

DUCHA E VESTIDO:

Preténdese dotar as persoas usuarias das habilidades necesarias pa coseguir ducharse e vestirse de maneira independente.

 

COCIÑA:

No taller de cociña preténdese adquirir os coñecementos necesarios para realizar esta actividade de maneira autónoma.

 

LAVADO, TENDIDO E PRANCHADO DE ROUPA:

Neste conxunto de actividades relacionados co manexo da hixiene da roupa, o obxectivo céntrase en adquirir uns coñecementos básicos, que favorezcan a autonomía, independencia e autosuficiencia no día a día.


Solicita información

Encha o formulario e en breve contactaremos contigo para ofrecerche máis información.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Diferentes xeitos de participar en actividades da asociación