Tenda

Servizos

Teatro

en colaboración coa Asociación Deportivo-Cultural da Bisbarra de Muros

Ao obradoiro de teatro asistiron 42 usuarios/as, repartidos en tres grupos, dous días á semana, unha hora cada grupo. O obradoiro de teatro impartiuse nas instalacións do Centro de Recursos de Valadares, en colaboración coa Asociación Deportivo-Cultural da Bisbarra de Muros

OBXECTIVO XERAL:
Era estimular a imaxinación e a creatividade, como tamén  fomentar a integración social e autonomía.

METODOLOXIA:
Traballouse con tres  grupos de persoas

  • As sesións co primeiro grupo centráronse en;  inventar historias para crear pequenas obras de teatro, traballar a memoria con xogos e relatos que eles crean, e tamén  con cancións populares. Na preparación dunha das obras de teatro, houbo cabida para pequenas gravacións de vídeo , que axudou a dar un xiro diferente a representación. Durante as sesión con este grupo tamén se traballou a expresión corporal e rítmica con coreografías e xogos.

  • Co segundo grupo traballouse ao inicio das sesión, a relaxación coa respiración e estiramentos con exercicios. Así mesmo a  expresión corporal  traballou con, exercicios de coordinación, concentración  e espazo por medio dunha actividade relacionada cos estacións do ano e a música. Ademais sempre se intentou deixar un tempo para xogos teatrais.

  • Co terceiro grupo tamén se iniciaron as sesión con relaxación coa respiración e estiramentos. Por outra banda este grupo mostrou un interese especial polos animais, por ese motivo se dedicou unha gran parte do tempo a lectura de contos nos que os protagonistas son animais ( Os músicos de breemen, A Ratiña Presumida, A primeira semana na escola de vacas…).  

LOGROS:

  • No primeiro grupo notouse unha evolución con relación a creatividade, na construción de historias e creación de personaxes, podendo realizar coa axuda do monitor/a unha pequena obra de teatro. Por outra banda destacar a notable evolución de usuarios/as con diversidade funcional sensorial  que incrementaron a comprensión e  o reforzo da memoria como tamén a expresión corporal en caracterización de personaxes.

  • Co segundo grupo  en canto a expresión corporal destacou por traballar coa música e o corpo, nunha actividade relacionada coa estación do ano e as catro estacións de Beethoven. Nas dinámicas de xogos case todos seguiron as secuencias e entenderon as normas dos mesmos.

  • O terceiro grupo respondeu ben as dinámicas de relaxación e respiración, entendendo os exercicios case todos  os usuarios/as, con excepción de tres usuarios/as que tiveron maior dificultade.

  • Coa lectura de contos este grupo desfrutou dun xeito especial ,poñendo unha gran atención e imitando os son dos animais e os seus costumes e xestos.

  • Pódese dicir que o obxectivo xeral  e os específicos acadáronse en pequenos niveis  na maioría dos usuarios/as . Destacar a aptitude positiva e de colaboración en equipo.

Solicita información

Encha o formulario e en breve contactaremos contigo para ofrecerche máis información.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Diferentes xeitos de participar en actividades da asociación