Muxía
O pasado 6 de Marzo, acudimos ao IES. Ramón Caamaño en Muxía, para impartir unha das novidades formativas deste ano, unha charla que leva por nome: “A Educación Inclusiva dende a perspectiva de Adisbismur”.
Os destinatarios desta, foron un total de 12 alumnos/as de 4º ESO.
Esta charla encóntrase enmarcada dentro da programación formativa de Adisbismur, co obxectivo de concienciar sobre a importancia deste modelo de educación, facendo fincapé naquelas persoas nas que poida existir risco de exclusión social, no noso caso as persoas con diversidade funcional.
Pretendemos achegar dita formación a todos os centros educativos que estean interesados, de maneira gratuíta.
Na nosa web podes acceder na sección de Servizos a Oferta accións formativas e educativas Adisbismur 2023: premendo no seguinte enlace: https://www.adisbismur.es/servizos/formacion-academica-e-social/oferta-accions-formativas-e-educativas-adisbismur-2023/
En caso de calquera dúbida, convidámosvos a contactar co centro a través das redes sociais, ou vía telefónica.
Rellena el formulario y en breve nos pondremos en contacto para ofrecerte más información.
Diferentes xeitos de participar en actividades da asociación