Servizos

Taller de Cerámica

A actividade que se realiza é a creación e a elaboración de diferentes pezas con pasta cerámica de baixa temperatura, tanto de forma manual usando as técnicas de churros, pranchas ou modelado, como en serie, usando a prensa rotatoria para pedidos de moita cantidade de pezas.

O obxectivo principal desta actividade é o de facilitar aos participantes, a adquisición duns hábitos laborais básicos, como limpeza do posto de traballo, puntualidade, atención, etc., ademais da formación específica en cerámica, que se centra na elaboración de distintas pezas usando as diferentes técnicas; e no rotulado, decorado e esmaltado das mesmas.

Aparte destes obxectivos xerais aproveitase a actividade para fomentar: o traballo en equipo, a psicomotricidade fina das mans e dos dedos, a socialización, xa que facemos actividades conxuntas cos nenos dos institutos e dos colexios, a iniciativa e a creatividade; e tamén sirve para que os participantes se valoren a sí mesmos porque o traballo que realizan sirve para que o taller se poda autofinanciar coa comercialización das pezas que eles mesmos elaboraron.

Solicita información

Encha o formulario e en breve contactaremos contigo para ofrecerche máis información.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Diferentes xeitos de participar en actividades da asociación