Tenda

Servizos

Fisioterapia

Diagnosticar, previr e tratar síntomas de doencias, por medio do exercicio terapéutico

Asistiron ao servicio de Fisioterapia un total de catorce usuarios/as, seis mulleres e oito homes, o tratamento das persoas afectadas por una discapacidade require un aproximamento inter e multidisciplinar, resultando a fisioterapia una peza clave pero non a única, traballando en conxunto co resto de profesionais do Centro.

Dentro dos usuarios/as que fixeron uso da unidade de Fisioterapia atopamos diversos cadros clínicos, de ai a necesidade dun tratamento individualizado, contamos con tres usuarios que experimentaron traumatismos cranio-encefálicos que derivaron en diversos síndromes tanto piramidais, coma cerebelosos, tres usuarios/as que acudiron por problemas no raque vertebral, un usuario que padece síndrome 4H, unha usuaria con lesión medular, e sete usuarios/as con diversas paraplexías. O obxectivo común de tódolos/as usuarios/as foi a reeducación de patróns alterados debido á lesións nerviosas, estes patróns afectaron provocando dende alteracións da marcha a dores de costas

Existen uns obxectivos xerais, pero obviamente debido a necesidade dun tratamento focalizado no estado concreto de cada usuario/a, estes obxectivos non foron comúns en todos/as eles/as:

  • Mellorar ou manter as súas capacidades residuais.

  • Aumentar o balance articular.

  • Corrixir alteracións posturais.

  • Reeducación da marcha: 
    Gañar forza e masa muscular.

  • Mellora do equilibrio e a coordinación.

Vistas as patoloxías presentes, os obxectivos, os métodos de traballo e os resultados finais concluímos que:

  • Un 64,2% mellorou as súas capacidades residuais.

  • Un 40% aumentou o balance articular.

  • Un 35,71% corrixiu alteracións existentes na postura.

  • Un 50% obtivo resultados positivos na reeducación da marcha.

  • Un 37,5% gañou forza e masa muscular.

  • Un 25% mellorou o equilibrio e a coordinación

A frecuencia das sesión oscilou entre unha e tres sesión semanas dependendo das necesidades de cada usuario/a.

Solicita información

Rellena el formulario y en breve nos pondremos en contacto para ofrecerte más información.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Porttitor eu consequat vitae 9hasellus viverra nulla ut metus varius laoreet vitae.