Tenda

Servizos

Alfabetización

Subtítulo Servicio

Na aula de alfabetización desenrolamos distintas habilidades académico funcionais, co fin de desenvolver actividades relacionadas con procesos cognitivos e aprendizaxes académicos que teñen unha aplicación directa na vida persoal de cada usuario/a para un maior desenvolvemento fora do Centro. Promovemos a aprendizaxe  e a mellora continua

BENEFICIARIOS:
A actividade de alfabetización asistiron  42  usuarios/as  divididos en 2 grupos. Un primeiro formado por 19 usuarios/as que asistiron de dez a once da maña e o segundo grupo formado por  23  usuarios/as que asistiron de once a doce

OBXETIVOS ESPECIFICOS:

  • Fomentar a adquisición dun nivel de lectura que lles permita un uso funcional e práctico nas actividades diarias.
  • Establecer habilidades básicas de interacción persoal tales como saúdos, peticións, criticas, ...
  • Fomentar as ideas fundamentais dun texto.
  • Proveer das técnicas matemáticas necesarias que lles permitan resolver de forma lóxica problemas que se podan atopar na vida diaria.

Lectura:
Conseguir a habilidade de ler sen depender de axentes externos para descifrar o lido. Inicio na lectura e Comprensión de  textos sinxelos e complexos

Escritura:
Capacidade que ten o individuo para escribir, nunha linguaxe clara e razoablemente precisa. Firma co seu nome correctamente, Recoñece e identifica a grafía das letras, empeza a asociar sílabas, Traballa a motricidade fina con destreza.

Matemáticas:
Habilidade de facer operacións matemáticas  (suma, resta, multiplicación, división, ...) e exercicios derivados delas.

Lingua:
Habilidade para traballar exercicios propios da linguaxe (narración de textos, comprensión dos mesmos, ortografía, manexo do idioma español e galego, ...).

Cultura xeral:
Familiarizarse con todo o relacionado ca cultura tanto xeográfica, musical, de actualidade, histórica, ...
 



Cada usuario/a foi tratado/a de forma individual para poder traballar as necesidades e o grao de coñecemento que presenta cada un/unha, para acadar unha maior autonomía. Tamén fomentamos   o traballo en grupo nun clima de maior agrado e entendemento  posible.

RESULTADOS OBTIDOS:

6 Usuarios/as traballaron a grafía do seu nome. Intentase que recoñezan as letras que compoñen o nome de cada un/unha e que as saiban colocar na orde precisa. Alternase esta actividade ca aprendizaxe dos números do un o dez, facendo exercicios de asociación. Nesta actividade non se avanza moito, xa que debido a discapacidade que posúen estes usuarios/as, non son capaces de reter o aprendido, polo que cada día é un empezar de cero de novo.

6 usuarios/as traballaron a caligrafía básica. Con estes/as usuarios/as é preciso traballar de maneira individual para conseguir que fagan algo, xa que se despistan facilmente. Cinco deles/as xa están empezando con calculo básico sinxelo.

19 usuarios/as traballaron exercicios de cálculo e de linguaxe básicos, onde a preescritura e o precálculco e o obxectivo fundamental. Estes usuarios/as foron os que mais melloría se lle apreciou, xa que cada pequeno avance diario foi un símbolo de motivación para seguir aprendendo recordando e reforzando  sempre o xa aprendido. Sempre se foi aumentando en dificultade con estes exercicios e así poder aprender cousas novas.

8 usuarios/as foron avanzando no apartado anterior e foron capaces de facer exercicios mais complexos tanto de comprensión de textos como de operacións matemáticas de mais complexidade. Iniciáronse no coñecemento do medio, situando pobos e cidades españolas, aínda que isto aínda estaba en iniciación.

2 usuarios/as traballaron actividades de cara a presentarse para as probas da ESO. Asistiron a actividade de maneira intermitente xa que combinaron a actividade con fisioterapia. Aínda que avanzaron moi positivamente  pero  de momento  non queren presentarse as probas da ESO.

1 usuaria asiste a Alfabetización, de reforzo da actividade cos usuarios/as desta actividade.

INDICADOR DA ACTIVIDADE:
O 30% dos usuarios/as que asistiron a alfabetización adquiriron un maior grado de mellora dos plans de traballo

Solicita información

Rellena el formulario y en breve nos pondremos en contacto para ofrecerte más información.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Porttitor eu consequat vitae 9hasellus viverra nulla ut metus varius laoreet vitae.