Organigrama

Organigrama

XUNTA DIRECTIVA

PRESIDENCIA

Nome: Ramón Sestayo Lestón

Funcións:

· Representar oficialmente a “ADISBISMUR”.

· Convocar e presidir as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.

· Nomear a calquera persoa como asesor, que será ratificado pola Xunta Directiva, e de asignarlle as tarefas axeitadas e coa obriga de informar a Xunta Directiva, das recomendacións e informes deses asesores. As resolucións de calquera asesor non son vinculantes en ningún caso.

.Permitir, ou non, a presenza de invitados nas reunións da Xunta Directiva e nas Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias.

· Ordenar os pagos con cargo os fondos de “ADISBISMUR”. Leva a sinatura social conxuntamente co secretario ou o tesoureiro.

· A retirada dos fondos de “ADISBISMUR” depositados en entidades bancarias para o que precisará a sinatura do secretario ou o tesoureiro.

· Autorizar coa súa firma as actas das reunións da Asemblea Xeral e a Xunta directiva.

· Velar pola execución dos acordos adoptados na Asemblea Xeral e n Xunta Directiva.

· Subscribir contratos en nome de “ADISBISMUR”, outorgar poderes a terceiros, exercitar accións e opor excepcións diante dos órganos da xurisdición ordinaria e especial, aceptar doazóns, legados e herdanzas, aceptar endosos, recibir subvencións e realizar calquera outro equivalente de interese aos fins de “ADISBISMUR”.

· Coidar do debido cumprimento dos estatutos, dos fins e principios de “ADISBISMUR”.

· Calquera outro de interese para execución dos estatutos.


VICEPRESIDENCIA

Nome: Herminio Martínez Lago

Funcións:


· O vicepresidente substituirá temporalmente ao presidente nos casos de ausencia ou enfermidade.

· Así mesmo poderá asumir todas aquelas funcións do presidente que este delegue nel.

· No caso de substitución definitiva, esta sería aos efectos tan só de convocatoria de novas eleccións; establecida para un período de tres meses.


SECRETARÍA

Nome: Manuela Lamela Caamaño

Funcións:

· Custodiar os libros, documentos e selo de “ADISBISMUR”, excepto os libros de contabilidade.

· Levar o libro de rexistro dos socios.

· Redactar as actas das Asembleas Xerais e da Xunta Directiva.

· Librar certificacións con referencia aos Libros e documentos de “ADISBISMUR” co visto e prace do presidente.

· Constituír e retirar os depósitos, abrir contas e retirar os fondos, sendo necesaria a sinatura do presidente.

· Preparar os puntos que teñen que tratarse nas Asembleas Xerais, enviaranse as actas e a Orden do Dia con quince días de antelación como mínimo.

· Responsabilizarse xunto co presidente do debido cumprimento dos Estatutos e dos fins e principios de “ADISBISMUR”.

· A organización dos servizos técnicos de “ADISBISMUR”.

· Impulso e control do funcionamento de “ADISBISMUR”.

· A representación xurídica diante de todo tipo de instancias públicas e privadas, e de carácter administrativo e xudicial, por delegación do presidente.

· Responsabilizarase de arquivos e ficheiros, así como do bo funcionamento das tarefas administrativas, en xeral, de “ADISBISMUR”.


TESOUREIRÍA

Nome: Vicente Abelleira Cambeiro

Funcións:

· Custodiar e levar libros de contabilidade.

· Comunicar inmediatamente á Xunta Directiva o incumprimento ou irregularidades que se poidan producir nos cobros, pagamentos e, en xeral, na xestión económica de “ADISBISMUR”.

· Custodiar os fondos de “ADISBISMUR”, respondendo das cantidades das que se fixera cargo, conservando na Caixa os fondos que a Xunta Directiva estime necesarios para o normal desenvolvemento de “ADISBISMUR”. Para dispoñer dos fondos de “ADISBISMUR” necesitará da firma do presidente.

· Farase cargo das cantidades que se ingresen en “ADISBISMUR” arquivando os libramentos que se fagan efectivos cos seus xustificantes.

· Constituír e retirar os depósitos, abrir contas e retirar os fondos, sendo necesario a sinatura do presidente.

· Elaborará os presupostos anuais e fará previsións de futuro.

· Cobrará as cotas de socios.

· Solicitará as subvencións oficiais, públicas ou non, que se acorden periodicamente.


VOCAIS

Nome 1: Amable Santiago Lariño

Nome 2: Yolanda Estévez Pedrosa

Nome 3: María Josefa Lestón Barreiros

Nome 4: Rosa Freire González


Funcións:

· Asistir as reunións da Xunta Directiva.

· Ostentar a representación da Xunta Directiva nas comisións que se poidan formar para cumprir os fins que marcan os Estatutos.


¿QUERES COLABORAR CONNOSCO ?

Porttitor eu consequat vitae 9hasellus viverra nulla ut metus varius laoreet vitae.